miércoles, 16 de marzo de 2011

"A SESTA DOS ENORMES"

Novo libro recomendado en conmemoración ao Día do Pai:
"A SESTA DOS ENORMES"
 (Pep Bruno- Edit OQO)
Os nenos sempre lacazanean á hora de durmir, sexan da familia dos Enormes, ou dos humanos. Ante estas situacións, un conto é o mellor aliado.
"Os Enormes foron pasar o día na praia. Saltaron as ondas, fixeron castelos de area, buscaron cunchas e xogaron co papaventos. Cando chegou a hora da comida, os cinco sentaron baixo o parasol e, nun abrir e cerrar de ollos, devoraron os bocadillos. Entón Papá dixo: —Agora imos durmir a sesta.
Grande, Mediano e Pequeno deitáronse nas toallas.
Pequeno queixouse: —Non podemos durmir se non nos contas un conto"