martes, 29 de diciembre de 2009

O APALPADOR ESTARÁ UN ANO MÁIS POLAS RÚAS DE FERROL

O mércores 30 de decembro chega O APALPADOR a Ferrol. Sairá ás 6 da tarde do local da fundación de Artábria e fará o seu percorrido pola avenida de Esteiro arredor das 7 da tarde. Non vos esquezades nenos e nenas de Ferrol e os que non son tan pequenos de ir ver ao Apalpador, o Papa Noel galego que vos repartirá castañas e...máis.

Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, a tradición galega ten unha cantiga para cantarlles:

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

Se queredes sabar máis sobre O APALPADOR tedes que premer na imaxe.
E aquí tedes un vídeo coa historia do Apalpador.

Lembrádevos que para poder escoitalo tedes que parar a música das CANTIGAS NAVIDEÑAS