
Os docentes estamos sometidos a unha grande cantidade de factores estresantes, que moitas veces impiden dar as clases en condicións. Cada vez hai máis profesores "queimados" nesta suposta envexable profesión. Pódese facer algo para combatir a sensación de fracaso que afecta a unha grande parte do profesorado? Os pais poden xogar algún papel en todo isto?
O libro"Como dar clase para non quemarse" de Beatriz Rabasa (Ediccións Brosquil) ofrece grandes estratexias preventivas e de intervención para poder previr con éxito o estrés docente. É un libro de grande utilidade que ofrece unha mensaxe de optimismo para todo o profesorado.