martes, 15 de marzo de 2011

"A VISITA DOS DOMINGOS

Seguimos recomendado libros para o día do pai. Neste caso o libro "A visita dos domingos" libro que xa recomendáramos noutra ocasión para combater os medos infantís.
Este conto enxalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e alimentar a imaxinación dos nenos, tan necesaria para a creatividade tanto de pequenos como de adultos.
"Pola noitiña volvemos á casa. Seguro que mamá está preparando a cea. Entramos nas puntas dos pés, para non facer ruído ningún.
―AAAI! Por que me metedes estes sustos? Sodes uns monstros!
―Mamá! Os monstros temos que asustar! Todo o mundo o sabe!"