Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escritores. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de febrero de 2012

O ESCRITOR RICARDO GÓMEZ VISITA O NOSO CENTRO


O escritor RICARDO GÓMEZ, autor do libro “El cazador de estrellas” visitou o noso centro. Ao acto acudiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. A sesión foi moi entretida e o autor contestou ás múltiples preguntas sobre o seu libro.


“El cazador de estrellas” foi o libro elixido polo profesorado para que lese o alumnado do terceiro ciclo xa que está moi relacionado co noso proxecto “Conocernos para querernos”. Trátase dun interesante e emotivo relato, baseado na experiencia do autor nos campos de Smara, que reflicte a vida cotiá, as crenzas e as aspiracións do pobo saharauí.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ RECIBE EL PREMIO IBEROAMÉRICANO SM


O escritor galego, Agustín Fernández Paz,  que gañou o premio americano de Literatura para Nenos e Mozos concedida polo grupo editorial español SM, recibió el galardón na Feria do Libro da cidade de "Guadalajara", ao oeste de México.
O premio foi dado ao autor pola súa obra "O único que queda é o amor", un texto escrito en galego, que aborda a cuestión das paixóns e ruptura, dun xeito non convencional na literatura infantil.

viernes, 25 de marzo de 2011

A escritora GLORIA SÁNCHEZ visita o noso centro


Hoxe, na nosa biblioteca tivemos outra visita, a escritora GLORIA SÁNCHEZ.
Acudiron ao acto o alumnado do 1º e o do 2º ciclo que xa leran os seus libros: "Fafarraios", "O capitán Ro e o gato bo" "A raíña de Turnedó"
A escritora contounos cousas da súa vida, leunos as súas historias, asinounos os nosos libros...


Grazas GLORIA por agasallarnos coa túa presenza!

lunes, 21 de febrero de 2011

O ESCRITOR GONZALO MOURE VISITOU O NOSO CENTRO

Os rapaces de 5º e 6º de primaria tiveron o privilexio de gozar coa presenza de Gonzalo Moure.
O acto tivo lugar na nosa biblioteca e os nenos e nenas fixeronlle moitas preguntas sobre os libros lidos: "Los caballos de mi tío" (5º de Primaria) e "Palabras de Caramelo " (6º de Primaria). Ao remate do acto o autor asinoulles aos nenos os seus libros escribíndolles unha adicatoria persoal a cada un deles. O centro agasallou ao escritor cuns libros e un cadro coa insignia do centro. Os nenos e nenas fixéronlle uns marcapáxinas con flores e asinados por cada unha das clases.

O acto foi todo un éxito.
Todos estiveron moi atentos e disfrutaron coa presenza do autor.

sábado, 27 de noviembre de 2010

UN ADEUS PARA "FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO"

O escritor Francisco Fernández del Riego morreu onte en Vigo. Dende a nosa biblioteca queremos facerlle unha pequena homenaxe lembrando as súas andanzas.
Fernández del Riego naceu en Vilanova de Lourenzá, (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Foi un escritor, intelectual e político galego que desenvolveu dende a década de 1930 un traballo constante e recoñecido favor da cultura gallega, o que lle converteu nunha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director, xunto a Ramón Piñeiro, da revista Grial nos seus primeiros cen números. Membro de honra da AELG, ensaista e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e literatura galegas.
E para lembrar a este gran escritor galego presentamos este pequeno vídeo titulado
"POR QUE COMECEI A ESCRIBIR"

martes, 29 de junio de 2010

LOIS PEREIRO SERÁ HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2011



O poeta monfortino LOIS PEREIRO será homenaxeado o próximo 17 de maio no día das Letras Galegas, segundo acordou o plenario da Real Academia Galega (RAG).

Natural de Monforte de Lemos, Pereiro (1958-1996) desplazouse a Madrid con 17 anos, onde cursou os estudos de Políticas, que abandonou despois polos idiomas e a informática. Nesta cidade, fundou con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista "Loia".

De regreso a Galicia compaxinou o exercizo da tradución co labor poético. En vida publicou dúas obras "Poemas 1981/1991" e "Poesía última de amor e enfermidade"

miércoles, 19 de mayo de 2010

A ESCRITORA E ILUSTRADORA VIOLETA MONREAL VISITOU O NOSO CENTRO

Violeta Monreal, escritora e ilustradora visitou o noso centro para agasallarnos coa súa presencia  coas súas ilustracións.
O acto realizouse na biblioteca e acudiron os nenos e nenas de 1º e 2º curso de educación primaria.
A ilustradora enseguida fíxose coa atención de todos os nenos e nenas.
O acto resultou moi especial, agasallounos coas súas palabras e coas súas ilustracións. Ao remate asinou no libro de visitas da biblioteca elaborando unha estupenda ilustración.



lunes, 10 de mayo de 2010

A ESCRITORA ÁNXELA LOUREIRO VISITA O NOSO CENTRO


A escritora galega foi recibida polo director do centro e presentada ao alumnado do 2º ciclo pola profesora Mª Xosé.

Ánxela contoulles cousas da súa andanza como escritora e rematou cun xogo do corro no que o alumnado disfrutou moito, pero..., mellor mirade, mirade as imaxes.

jueves, 29 de abril de 2010

Celebración do día do libro: adicado a MIGUEL DELIBES

Comezamos a celebración o luns 19 e ata o xoves 22, o alumnado dos cursos superiores foron ás aulas dos máis pequenos para lerlles un fragmento do conto "El príncipe destronado", de Miguel Delibes, unha actividade moi motivadora e enriquecedora, tanto para o alumnado que escoita como para o que le. Esta é ademais a pequena homenaxe que o centro quere rendir a este escritor español finado recentemente.
O xoves 23 fixemos un acto de celebración con todo o alumnado do centro no que se leron diversos poemas, entre eles un de Gloria Fuertes titulado Cómo se dibuja una jirafa, ao mesmo tempo un grupo de alumnos e alumnas debuxaron unha xirafa seguindo as pautas do poema.

Ademáis deuse a coñecer o resultado da votación feita entre o alumnado para elixir o nome das dúas fillas da xirafa Yenené, a nova amiga de Peraliño.
Tamén se fixo entrega a cada aula do libro recompilatorio elaborado cos traballos feitos polo alumnado sobre o Magosto, para que pase a formar parte da biblioteca de aula

lunes, 19 de abril de 2010

MARCAPAXINAS DO PROFESOR "JUAN MATA" PARA O DÍA DO LIBRO

O profesor da Universidade de Granada "Juan Mata" estivo nos "Encontros de Bibliotecas Escolares" da Xunta de Galicia e agasallounos cun texto elaborado nun marcapáxinas dedicado ao profesorado que tanto está a facer pola lectura.
Así comeza...
Somos seres dotados para a linguaxe e grazas a ela e con ela construímos o que somos. Temos por iso unha inesgotable confianza nas palabras, no seu poder para argumentar e emocionar, para persuadir e civilizar. Coas palabras elaboramos mundos, teorías, relacións, ficcións, leis, sonos..., aínda que tamén con elas podemos destruír, danar, enganar ou confundir.


...E así remata....
Non sei se esa actitude é convincente, se axuda ou non a crear lectores, pero penso que actúo como deberían actuar sempre os lectores, sen arrogancia, sen conciencia de superioridade, procurando regalar o único que nos está permitido: o testemuño dunha alegría, a manifestación dunha experiencia singular cun conxunto de palabras que alguén armou para nós, aínda que o seu rostro nos sexa descoñecido ou a súa vida transcorrese hai milenios ou o seu cuarto diste centos de quilómetros do noso.
Juan Mata
Fermosas palabras.
Non vos perdades o texto completo no seu marcapáxinas que podedes descargar premendo na imaxe.