jueves, 17 de marzo de 2011

"O EMBIGO DE XANECAS"


Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo.

Precisamente dunha desas pequenas descubertas cotiás fala esta historia saída da imaxinación de Ramón Aragüés e que comeza un día á hora do baño.
O SEU PAI refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados e os pés. Para apurar máis, Xanecas fregábase co xabón. De repente, afundíuselle o dedo. Que pasara? Que metera o dedo no embigo! Desta maneira o noso protagonista descubriu que tiña un burato na barriga, pero tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: Pero, por que teño embigo?

Estupendo libro para os máis pequenos e que serve como recoñecemento á figura do pai implicado na educación dos seus fillos.
Máis información premendo na imaxe
.