martes, 20 de abril de 2010

PRESENTACIÓN DO LIBRO "LINGUA E FUTURO" DA PROFESORA GORETTI SANMARTIN

O Concello de Ferrol organiza a presentación do libro "LINGUA E FUTURO", coordinado pola profesora Goretti Sanmartín, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, e editado por Edicións Laiovento. A obra reflexiona sobre a situación actual da lingua galega e explora as posibles vías para a súa recuperación.

O acto terá lugar mañá, mércores, 21 de abril, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, no marco da Festa do Libro e da Lectura que comeza o mesmo día. A presentación correrá a cargo de profesorado da Universidade da Coruña: Xosé Ramón Freixeiro Mato, Mariló Candedo, Narciso de Gabriel, Carlos Amoedo, a propia Goretti Sanmartín e, en representación da editorial, Francisco Pillado.