martes, 23 de marzo de 2010

EXPOSICIÓN DE FRANCESCO TONUCCI NO NOSO CENTRO

 A semana que acaba de rematar disfrutamos no noso centro da exposición de carteis "Os Dereitos das nenas e dos Nenos a traverso da obra de FRANCESCO TONUCCI" , mestre e pedagogo que dende hai moitos anos dedica as súas enerxías ao estudo do pensamento e do comportamento infantil nos diferentes escenarios onde trancorre a súa vida: a familia, a escola, a rúa.
A exposición foi promovida pola Universidade de Vigo co apoio da Unicef Ourense e coa axuda doutras Universidades como a Obra social Caixa Galicia de Ourense.
Nesta presentación podedes ver os carteis expositivos e ao noso alumnado disfrutando e un pouco abraiado coa exposición.