lunes, 19 de abril de 2010

MARCAPAXINAS DO PROFESOR "JUAN MATA" PARA O DÍA DO LIBRO

O profesor da Universidade de Granada "Juan Mata" estivo nos "Encontros de Bibliotecas Escolares" da Xunta de Galicia e agasallounos cun texto elaborado nun marcapáxinas dedicado ao profesorado que tanto está a facer pola lectura.
Así comeza...
Somos seres dotados para a linguaxe e grazas a ela e con ela construímos o que somos. Temos por iso unha inesgotable confianza nas palabras, no seu poder para argumentar e emocionar, para persuadir e civilizar. Coas palabras elaboramos mundos, teorías, relacións, ficcións, leis, sonos..., aínda que tamén con elas podemos destruír, danar, enganar ou confundir.


...E así remata....
Non sei se esa actitude é convincente, se axuda ou non a crear lectores, pero penso que actúo como deberían actuar sempre os lectores, sen arrogancia, sen conciencia de superioridade, procurando regalar o único que nos está permitido: o testemuño dunha alegría, a manifestación dunha experiencia singular cun conxunto de palabras que alguén armou para nós, aínda que o seu rostro nos sexa descoñecido ou a súa vida transcorrese hai milenios ou o seu cuarto diste centos de quilómetros do noso.
Juan Mata
Fermosas palabras.
Non vos perdades o texto completo no seu marcapáxinas que podedes descargar premendo na imaxe.