sábado, 2 de enero de 2010

O APALPADOR XA ESTIVO EN FERROL

O xigante carvoeiro do Caurel xa chegou a Ferrol. Despois de pasar polo Centro Social da Fundación Artábria e pola Asociación veciñal de Esteiro percorreu rúas do barrio acompañado por un grupo de trasnos e música popular galega. Repartiu presentes e castañas aos nenos e nenas e aos maiores uns folletos informativos sobre a figura do Apalpador e a importancia da recuperación desta figura tradicional galega.
MIRADE AS IMAXES

Fontes, imaxes e máis información: Fundación Artabria