martes, 16 de febrero de 2010

MANDADOS DO ENTROIDO

No noso centro durante toda a semana que xa pasou celebramos o entroido cuns mandados. Cada día os rapaces viñan disfrazado do que o entroido lles "mandaba".
Os mandados foron elaborados seguindo o noso proxecto de Biblioteca: "Os amigos do Peraliño". Os nosos rapaces viñeron disfrazados de focas, tucanos...tal e como viña dito nos mandados. Moito colorido e troula respirábase por todo o colexio... Aquí tedes os...
 MANDADOS DO ENTROIDO
Un novo curso o Entroido
mandados nos fai argallar
anímate a seguilos e te divertirás!
Cos amigos de Peraliño
moi ben o has de pasar!
LUNS
Hoxe coa foca imos xogar
e a ela teraste que semellar.
Todo de gris te vestirás
e uns bigotes te pintarás!
MARTES
Coidado, coidado!
Que non te confundan co corcovado de Nôtre- Dame
cando no lombo te vexan medrar
unha chepa descomunal.
MÉRCORES
Neste colexio no que tantos somos
como unha manda movémonos todos.
se traes un chifre, trompeta ou trombón
todos a unha tocaremos o noso son!
XOVES
Aínda que o corpo negro che teño,
aos "colorinchos" gusto lles teño.
Viste de negro e enriba pon
todas as cores a montón,
coma se foran lindas plumaxes.
VENRES
Ven disfrazado como queiras.
Lembra traer torradas e orellas
para facer unha boa merenda.

O NOSO ENTROIDO EN IMAXES


Máis imaxes e toda a festa completa podedes vela na nosa web