miércoles, 18 de noviembre de 2009

UN GRAN LIBRO PARA OS MESTRES

Moitos son os que teñen envexa da nosa profesión do profesor: que se moitas vacacións, que se pouco traballo..., pero, é iso certo?

Os docentes estamos sometidos a unha grande cantidade de factores estresantes, que moitas veces impiden dar as clases en condicións. Cada vez hai máis profesores "queimados" nesta suposta envexable profesión. Pódese facer algo para combatir a sensación de fracaso que afecta a unha grande parte do profesorado? Os pais poden xogar algún papel en todo isto?

O libro"Como dar clase para non quemarse" de Beatriz Rabasa (Ediccións Brosquil) ofrece grandes estratexias preventivas e de intervención para poder previr con éxito o estrés docente. É un libro de grande utilidade que ofrece unha mensaxe de optimismo para todo o profesorado.