viernes, 5 de marzo de 2010

EXPOSICIÓN - HOMENAXE ADICADA Á MULLER TRABALLADORA


Dentro das moitas actividades que virán a salientar na nosa comarca o “Día Internacional da Muller Traballadora - o oito de marzo - é de destacar a interesante exposición CIENCIA EX AEQUO, organizada polo Concello de Ferrol – Educación e a A. VV. O Rosario – Inferniño, que pódese visitar no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza Inferniño – Ferrol) do 1 ó 15 do presente mes.
A autora da mostra é a pintora e profesora sadense Margarita Cimadevila, directora do IES Urbano Lugrís, quen presenta unha proposta na que Ciencia e Arte mesturanse para acadar unha finalidade artística, divulgativa e didáctica.

Aquí temos unha pequena información e adianto da exposición:

View more presentations from colexio.
“Ciencia EX AEQUO réndelles homenaxe ás mulleres científicas que, a pesar de realizaren un magnífico labor e mereceren recoñecemento polo seu traballo, foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas ou competidores masculinos que, en moitos casos, non tiveron reparo en atribuirse os seus traballos”.

PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA NADA MELLOR QUE A HOMENAXE QUE LLES FAI ESTE VÍDEO