lunes, 1 de marzo de 2010

E SEGUIMOS CO NOSO PROXECTO DE BIBLIOTECA.

CONCURSO DE POESÍA
O tucano, o invitado do Peraliño, propón un concurso de poemas aos nenos e nenas do noso centro:
OLA AMIGOS E AMIGAS. LEMBRADES QUE CANDO CHEGUEI VOS DIXEN QUE ME GUSTABA MOITO A POESÍA E VOS TROUXEN UN POEMA COMPOSTO POR MIN? PEDÍNVOS SE VOS ME PODERIADES FACER ALGÚN.

ASÍ QUE O PERARILIÑO E MÁIS EU ARGALLAMOS DE FACER UN CONCURSO DE POESÍA. QUE VOS PARECE A IDEA?

PAUTAS DO CONCURSO
  • Cada alumno/a faría un poemiña que presentaría á súa titora ou titor.
  • De cada clase entre todos escolleriades os dous ou tres que máis os gustaran.
  • Despois un xurado votaría o mellor de cada ciclo.
  • Os premiados iriades pola aulas recitándoos, na hora de ler.
  • Ao mellor tamén hai algún outro agasallo.
  • Tamén colgaríanse da páxina web do cole.
  • Pero ademais con todos os poemas da aula (ben ilustrados) faríase un libriño.
TEMÁTICA  E EXTENSIÓN DO POEMA
  • En principio podería ser libre, aínda que a min gustaríame que contarades cousiñas da miña vida, da miña terra, da miña cultura. Para iso só teriades que investigar nas páxina web do cole, que hai moita información.
  • Extensión de oito..., doce versos, ou a que vos pareza axeitada para contar algo bonito.
ESPERAMOS UNHA PARTICIPACIÓN MOI NUMEROSA!!!

AH! E unha cousiña máis:
O PLAMBE FERROLTERRA propón intercambiar poemas entre os nosos "coles". Poderiamos aproveitar os poemas feitos para enviarllos aos nenos e nenas doutro cole.
QUE VOS PARECE?
ÁNIMO E A ESCRIBIR!!!