O venres 12 de marzo, às 20:00hs., terá lugar a presentación no Ateneo Ferrolán, da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra (poeta, ao que xa sabemos, vai adicado este ano o día das Letras Galegas) con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos.
Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010.
No libro-carpeta se recollen traballos inéditos de Novoneyra e unha importante selección de poemas, estampas e cartas de destacados autores galegos dirixidas a Uxío Novoneyra. Todas as aportacións que recolle o libro foron donadas polos seus autores á familia do poeta, con motivo da homenaxe nacional realizada en Compostela, en 1999.
Ana Romaní, Méndez Ferrín, Xusto Beramendi, Darío Xohán Cabana o Neira Vilas, entre moitos outros, prestaron o seu lapis para o Caderno de Poemas e o Caderno de Cartas que forman o libro-carpeta. O Caderno de Estampas, por último, recolle nomes como os de Antón Patiño, Menchu Lama, María Xosé Díaz, Reimundo Patiño o Xaime Quessada.
No acto da presentación participará o seu fillo, Uxío Novoneyra Rei.