Este ano 2010, ano Xacobeo e comezo da segunda década do século XXI, é tamén Ano do Libro e a Lectura en Galicia.Vai facer dez anos, realizouse unha acción que foi pioneira no seu tempo e que constituíu o punto de partida para que a Muralla Romana de Lugo fose declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. Referímonos a CUMULUM, muralla de Libros, unha gran acción artística, realizada con máis de 650.000 libros.
Con motivo do Ano do Libro e a Lectura en Galicia, vaise intervir as prazas de cinco cidades de Galicia (Praza Maior, Lugo, María Pita, A Coruña, Obradoiro, Santiago de Compostela e as Prazas Maiores de Ourense e Pontevedra) cun tapiz de libros, o día 23 de abril de 2010, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, ao que se chamará: Agoralibros, “os libros nas prazas”.
Para este proxecto necesítanse xuntar ao redor de 80.000 libros. Para iso, queren contar coa nosa colaboración, para que lles fagamos chegar exemplares que teñamos en depósito ou descatalogados e para que os e as alumnas participen eles/las mesmos facendo a intervención cos libros nas prazas, para que sexan os protagonistas desta xornada de festa da lectura.
Para participar hai que poñerse en contacto coa Fundación CUMULUM nos seguintes enderezos electrónicos: luzdarriba@hotmail.com , cumulum@gmail.com , 982217812, 610638340, 659286525, 881964854.
ÁNIMO E A COLABORAR!