Coa chegada do entroido un novo amigo de Peraliño pon de moitas cores á nosa biblioteca. É O TUCANO. Chega dun novo continente, América, e con el aproveitamos para comezar o entroido. Chámase Zamnar, "o que todo o sabe".
Aquí temos a súa presentación na Biblioteca:
En especial, no noso catálogo da Biblioteca atoparedes "LA HISTORIA DE TUCÁN" un libro estupendo que ademáis se presenta en versión bilingüe: castelán e inglés.
Este é o seu argumento:
Había unha vez un paxaro que non tiña nome.
Todos os demais animais tiñan nome e ríanse del. Iso facía sentirse moi triste, por iso marchou en busca de fortuna e quizáis... atoparía un nome!
Máis información na nosa web