viernes, 11 de diciembre de 2009

Novo dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as TIC

A Xunta de Galicia presenta o primeiro dicionario enciclopédico en lingua galega sobre as TIC.

A lingua galega conta xa co primeiro dicionario enciclopédico sobre novas tecnoloxías. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, Cristóbal Varela, participaron na presentación do Dicionario galego das TIC ou Digatic, un traballo que pretende divulgar a terminoloxía das novas tecnoloxías en lingua galega e ser, ademais, unha ferramenta pedagóxica para o seu uso e difusión no ensino e entre a cidadanía en xeral.

O diccionario enciclopédico está tamén dispoñible en Lingua Castelá e en Lingua Inglesa.
Para acceder premer na imaxe
Fonte: Xunta de Galicia- Observatorio de lingua Galega.