Estupenda "westquest", mellor dito EARTHQUEST baseada no programa Google Earth que nos permitirá coñecer distintos lugares do mundo, coas súas costumes, alimentación, paisaxe...
Preséntase coma un xogo e mediante catro naves de distintos cores vainos presentado unha serie de pistas para atopar os lugares onde temos que ir.
Ven recomendado mesmo para o alumnado de Infantil, ya que todas as pistas veñen dadas tamén con son, pero é tan ampla que parécemos moi recomendada para primaria e mesmo para o primeiro ciclo de secundaria, ainda que ven presentada de xeito un pouco infantil.
Ao principio parece un pouco complicado, pero, de verdade que merece a pena. É un traballo moi motivador para o noso alumnado. Vótadelle unha ollada premendo na imaxe