martes, 10 de noviembre de 2009

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Como introducción do Tempo de Magosto comezamos celebrando a tradición celta do SAMAÍN. O alumnado e as familias decoraron cabazas para expoñer no centro e premiáronse as aulas máis participativas de cada ciclo cun precioso libro para que o disfrute toda a clase.
Comezamos o Magosto propiamente dito traballando nas aulas o significado da festa, recompilando poemas, adiviñas, ditos, cancións e un longo etcétera de temas relacionados e plasmando todo en diferentes traballos, tanto individuais como colectivos.
E como gran fin de festa deste Tempo de Magosto, a gran celebración, que comezou coa visita dun castañeiro ao centro que nos explicou os segredos dun bo asado de castañas. Continuamos coa degustación das tradicionais castañas asadas con leite, despois cantamos, bailamos, brincamos, queimamos una cabaza xigante..., pero... mellor..., mirade..., mirade aquí tedes un vídeo co "Baile do Magosto"
É unha ledicia ver como disfrutan os nosos alumnos, pero non só eles...