Os rapaces de 5º e 6º de primaria tiveron o privilexio de gozar coa presenza de Gonzalo Moure.
O acto tivo lugar na nosa biblioteca e os nenos e nenas fixeronlle moitas preguntas sobre os libros lidos: "Los caballos de mi tío" (5º de Primaria) e "Palabras de Caramelo " (6º de Primaria). Ao remate do acto o autor asinoulles aos nenos os seus libros escribíndolles unha adicatoria persoal a cada un deles. O centro agasallou ao escritor cuns libros e un cadro coa insignia do centro. Os nenos e nenas fixéronlle uns marcapáxinas con flores e asinados por cada unha das clases. O acto foi todo un éxito.
Todos estiveron moi atentos e disfrutaron coa presenza do autor.