Neste mes de abril, Xerais vai presentar o Dicionario Xerais de Primaria do que son autores Xosé Feixó e Manuel Rodríguez Alonso.
Este dicionario, pensado e redactado para estudantes de 8 a 12 anos, seguindo as directrices da Reforma Educativa, é unha ferramenta de consulta indispensable, sinxela e de calidade, para o alumnado de ensino primario.