lunes, 11 de abril de 2011

“EL CAMINO DE OLAJ”, DE MARTÍN LEÓN-BARRETO, GAÑA O IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO


A obra titulada “El camino de Olaj”, de Martín León-Barreto Johnson (Montevideo, 1973) é a gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que convocan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. O traballo titulado “Al otro lado”, de Moisés Yagües Fernández (Murcia, 1972), foi finalista do certame, mentres que “¿Quién quieres ser?”, de Arianna Papini (Florencia, 1965), recibiu a mención especial do xurado.


Obra gañadora: "EL CAMINO DE OLAJ"

Ao IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado presentáronse 374 traballos procedentes de 19 países, a maioría dende España. Tamén optaban ao galardón proxectos enviados de Italia, Portugal, Arxentina, Brasil, Chile, Alemaña, Estados Unidos e Francia. En menos medida, presentáronse candidatos de Ecuador, Holanda, El Salvador, Hungría, Perú, Rumanía, Rusia, Serbia, Suiza e Uruguai.