lunes, 16 de noviembre de 2009

"O HARRY POTTER GALEGO"


"CHRISTYAN MAGIC, Atrapado na torre" é un libro escrito por de Xoan Barro e Ana María Fernández e ilustrado por Marta Rivera Ferner da editorial Everest cun protagonista, Christyan Magic, que moitos de vos xa coñecedes e con quen seguro tedes pasado e pasaredes momentos inesquecibles de emoción e de ilusión.
Ides somerxervos nunha historia chea de aventuras, de intriga, de loita por facer realidade os soños... porque todos podemos chegar a ser o que desexemos con esforzo, con ánimo e mantendo viva a maxia que se agocha no noso interior.
Merece a pena. Estará proximamente na nosa biblioteca.