CAIXA DE CARTÓN de OQO editora, seleccionado nos White Ravens 2011 entre os mellores libros infantís do mundo.
Este libro forma parte da colección solidaria Qontextos, cuxo primeiro álbum, Fume (Antón Fortes & Joanna Concejo), obtivo esta distinción en 2009. O álbum de OQO editora Caixa de cartón (Txabi Arnal e Hassan Amekan) foi elixido como un dos mellores libros infantís do mundo pola Internationale Jugendbibliothek de Munich (Alemaña) que o incluíu no seu catálogo The White Ravens 2011. Con estes libros organiza anualmente unha exposición no marco da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia, que se celebra do 28 ao 31 de marzo na cidade italiana.
A institución alemá realiza cada ano unha selección dos mellores libros infantís entre os miles que se publican en todo o planeta e aos que outorga esta distinción The White Ravens. A elección de 2011 está conformada por 250 libros infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e procedente duns 50 países.
Os libros distinguidos con White Ravens forman parte dun catálogo en lingua inglesa que inclúe informacións bibliográficas e recensións dos 250 libros e tamén dunha mostra que se exporá na caseta da Internationale Jugendbibliothek na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (29 B56).
Outros LIBROS PREMIADOS EN ESPAÑA son:
- De punta a punta, de José Luis Berenguer (text) e Irene Fra (illus.)
- Palabras envenenadas, de Maite Carranza
- Las Meninas, de Patricia Geis (en la imagen)- Tuerto, maldito y enamorado, de Rosa HuertasSantos, Care (text)
- Se vende mamá, de Care Santos (text) y Andrés Guerrero (illus.)
- El barranco, de Grassa Toro (text) y Diego Fermín (illus.)
- Fábulas morales de una vez para siempre de Grassa Toro (text) y Meritxell Durán (illus.)
(en catalán)
- He jugat amb els llops (He jugado con lobos), de Gabriel Janer Manila
EN GALEGO
- O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro (text) y Ramón Trigo (illus.)
- Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto / Chinto (text/illus.)