Mergullando, mergullando pola web atopamos os dereitos do neno (ONU 1989), que abarcan a supervivencia, o crecemento, a protección e a participación. O señor Danilo Sánchez, presidente do INLEC, recoñecido poeta, investigador e principal promotor da lectura e a literatura infantil no Perú proponnos os Dereitos á esperanza, un de cuxos capítulos estaría dedicado aos libros e á lectura.
A proposta non soamente é sabia senon tamén fermosa...
DEREITOS DOS NENO/AS A LER
- Estimulación da lectura dende o embarazo
- Recreación da lecturas de los libros
- Presentación da lectura coma algo especial
- Lectura en voz alta
- Lectura sinónimo de disfrute e libertade
- Libros de fantasía previos aos libros de texto.
- Indagación sobre os temas presentados nos libros
- Lectura como creadora de vínculos entre adultos e nenos.
- Libros accesibles a ser mirados e lidos
- Libros accesibles economicamente.
- Libros de calidade.
- Libros de acordo ao gusto de cada neno.
- Bibliotecas infantiles amables, creativas e cálidas.
- Celebracións en torno ao libro.
- Paseos e actividades temáticos en torno ás lecturas.
- Variedade temática de libros.
- Colección de libros artesanais.
- Plantexar interrogantes sobre as lecturas.
- Ensinanza óptima da comprensión lectora por parte dos mestres.
- Os libros como cementos dun mundo novo.
Pero moito mellor é velo da man do seu autor Danilo Sánchez premendo na imaxe
Ou nesta presentación elaborada por Enrique Caravantes
As nosas bibliotecas deben ter en conta eses dereitos.
Boas e felices lecturas.