sábado, 30 de enero de 2010

HAITI, VAI POR TÍ

Con este slogan celebramos o venres 29 de xaneiro o día da Paz. Durante toda a semana estivemos facendo actividades sobre a Paz elaboradas en coordinación co Proxecto da biblioteca sobre os Elefantes. Dende cada área se contribuiu á adquisición da competencia emocional fomentando o traballo colaborativo, e en resumo educando para a Paz. Fíxose un mural entre todo o colexio co slogan "Xuntos temos máis forza".
Pedíuse colaboración das familias para axudar a Haití e recaudáronse máis de 2000 euros!!!
O venres foi o día da celebración: fixemos ritmos con tambores pidindo a Paz, cantamos a cantiga "Color Esperanza"... pedimos PAZ, PAZ e máis PAZ para rematar coa entrega do donativo para Haití ao Presidente da Cruz Vermella que dirixiu unhas palabras a o noso alumnado. Aquí tedes as imaxes...