domingo, 10 de enero de 2010

SEGUIMOS CO NOSO PROXECTO...


Outro novo mes...outro novo ano...outra vez ás clases.
Dende o Departamento de Orientación do noso centro imos organizar o día da Paz en colaboración co grupo da Biblioteca y por suposto con todo o profesorado do centro.
Peraliño, a nosa mascota troúxonos un novo amigo da súa viaxe: O elefante SABAL  e con el o seu amigo Elmer. Sonaos o nome? ... Ben, ben, ben.. por se non vos sona, aproveitamos para recomendarvos un libro de David Mckee o que imos traballar o día da Paz "Elmer".
"Somos distintos...debemos respetarnos" é unha frase que podería moi ben resumir o contido do libro.
Aquí tedes dous vídeos do elefante Elmer, un deles é un clásico de Walt Disney e o outro está en inglés con subtítulos en castelán

Y para poder afianzar o proceso lector recomendamos as actividades interactivas JClic, "Aprendo a leer con Elmer" ás que se pode acceder premendo no icono.
Moita más documentación sobre os elefantes, o conto de Elmer, sobre os vídeos ou os contos de elefantes que temos na nosa biblioteca podedes atopala na nosa web: