domingo, 13 de diciembre de 2009

REGALEMOS GALEGO


Dende o CPI Vicente Otero Valcárcel, Carral (A Coruña) preséntannos un catálogo actualizado de agasallos que nos ofrece un suxestivo percorrido polo mundo do lecer en galego co que poder sorprender os familiares e as amizades. Xogos electrónicos, libros, cine, computadores, xogos de mesa, documentais, música, roupa, mp4, móbiles etc. reunidos baixo un denominador común: o galego como lingua de aprendizaxe e comunicación. (Recomendado dende os Equipos de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia).

Noraboa ao CIP Vicente Otero Valcárcel polo labor feito no fomento da nosa lingua

Para acceder ao catálogo actualizado hai que premer na imaxe