martes, 22 de febrero de 2011

A VISITA DOS DOMINGOS

Novo libro da editorial OQO de Matteo Gubellini que enxalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e a imaxinación dos nenos, tan necesaria para a creatividade tanto de pequenos como de adultos.
O conto trata dun mostro que visita cada domingo ao protagonista pero que está presentado de tal xeito que inspira simpatía, complicidade e afecto o que converte a esta historia nun bo instrumento para axudar a superar os medos infantís.

"A xente ten medo dos nosos gruñidos, e só os máis valentes se atreven a achegarse. Pasamos horas xogando no parque. (…) Imos na procura de tesouros: facemos buratos na area, remexemos entre a herba… E sempre hai sorpresas!"