lunes, 29 de enero de 2024

RECURSOS PARA A PAZ


Premendo na imaxe accédese á nosa web onde pódese atopar unha recompilación de recursos para a Paz.

martes, 1 de mayo de 2012

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS LETRAS GALEGAS 2012



Premendo na imaxe accédese á nosa web onde podemos atopar unha recompilación de recursos sobre Valentín Paz Andrade, autor ao que vai adicado este ano as Letras Galegas: vida, obra, liña do tempo, imaxes, actividades interactivas, vídeos, ligazóns...

domingo, 15 de abril de 2012

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2012


A web de Norberto ofrécenos unha estupenda recompilación de recursos para as Letras Galegas 2012.

sábado, 10 de marzo de 2012

DIDACTALIA: MATERIAL EDUCATIVO


Estupenda web con gran cantidade de recursos de distintas materias e niveis.

sábado, 3 de marzo de 2012

USO CORRECTO DO ORDENADOR

Nestes videos pódense ver os consellos para o bo uso do ordenador: posturas correctas, axuste adecuado do equipo, pausas na súa utilización...


lunes, 27 de febrero de 2012

O ESCRITOR RICARDO GÓMEZ VISITA O NOSO CENTRO


O escritor RICARDO GÓMEZ, autor do libro “El cazador de estrellas” visitou o noso centro. Ao acto acudiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. A sesión foi moi entretida e o autor contestou ás múltiples preguntas sobre o seu libro.


“El cazador de estrellas” foi o libro elixido polo profesorado para que lese o alumnado do terceiro ciclo xa que está moi relacionado co noso proxecto “Conocernos para querernos”. Trátase dun interesante e emotivo relato, baseado na experiencia do autor nos campos de Smara, que reflicte a vida cotiá, as crenzas e as aspiracións do pobo saharauí.

miércoles, 8 de febrero de 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

O ALUMNADO DE PRIMEIRO ASISTE, NA NOSA BIBLIOTECA, A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA

Esta semana tivemos, en primeiro, unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka, con dous protagonistas: Patricia e Alex.
Alex é músico e toca moi ben o acordeón. Patricia é a encargada de cantar e de contar os contos.

Ámbolos dous fixeron unha animación con tres contos: "Mago de goma", "A familia C" e "Pancho".


- Foi moi divertido porque escoitamos e cantamos - comentaron os nenos.
- Foi unha viaxe fantástica chea de música e palabras - dixeron as profes.



lunes, 30 de enero de 2012

DIA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.
Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.



 
Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Deámoslle unha oportunidade á Paz"

sábado, 28 de enero de 2012

CONTOS PARA VER E LER


Mergullando, mergullando pola rede atopamos este blog no que hai numerosos contos para ver e ler

viernes, 20 de enero de 2012

TICambia: aprender sobre a Paz e Solidaridade

É un espacio educativo e colaborativo creado co obxectivo de transformar a información en coñecemento e, para iso, ofrece recursos didácticos tendo en conta cinco eixos temáticos: desenvolvemento e loita contra a pobreza, dereitos humanos e Paz, igualdade de xénero, sostenibilidade ambiental e diversidade cultural. 
Dirixido a educadores/as, xóvenes, nenos e público en xeral, TICambia conta cunha guía de recursos didácticos, un manual de uso das TIC e diversos itinerarios educativos, utilizando material audiovisual, textos e imaxes especialmente seleccionados polo seu contido e creatividade.
Para acceder hai que premer na imaxe.

domingo, 15 de enero de 2012

IRENE EN EL SAHARA

Irene en el Sahara é o segundo conto dunha serie creada por ONG Internacional de Solidariedade, a primeira é titulada "Irene en América Central" - nunha campaña de educación intercultural para primaria.

Como é a vida no deserto? O que un campo de refuxiados? Cal é a razón pola que os nenos saharauis non poden vivir no seu país?
Na historia, Irene ten un amigo Subsahariano Gali, ao que coñecue porque foi acollido por unha familia española hai tempo.
Ao final da historia hai moitas actividades para traballar en el aula, enigmas, sopa de letras do Sahara, un labirinto, e un espazo de orientación para profesores ou os pais que queren impulsar aos seus fill@ s cun pouco de reflexión sobre solidariedade.
É un conto moi recomendado para conmemorar o día da Paz.
Premer na imaxe para ler o conto.

miércoles, 14 de diciembre de 2011

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ RECIBE EL PREMIO IBEROAMÉRICANO SM


O escritor galego, Agustín Fernández Paz,  que gañou o premio americano de Literatura para Nenos e Mozos concedida polo grupo editorial español SM, recibió el galardón na Feria do Libro da cidade de "Guadalajara", ao oeste de México.
O premio foi dado ao autor pola súa obra "O único que queda é o amor", un texto escrito en galego, que aborda a cuestión das paixóns e ruptura, dun xeito non convencional na literatura infantil.

lunes, 12 de diciembre de 2011

RECURSOS PARA NADAL


Na nosa web temos unha recompilación de recursos para o Nadal nos que poderedes atopar: panxoliñas, contos de nadal na rede, manualidades para o Nadal...

Premede na imaxe e accederedes a eles.

viernes, 14 de octubre de 2011

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA


Por fin, este xoves as nosas mochilas viaxeiras comezan outro ano a súa andaina. De cada aula, dous alumnos viñeron á biblioteca a recoller a súa mochila chea de ilusión e fantasía: contos, libros de adultos, cds/dvd...e por suposto un caderno viaxeiro onde as familias poden escribir as súas opinións....
Aproveitade e que teñades felices lecturas!

lunes, 3 de octubre de 2011

COMEZA O COLE...

Outra novidade preséntanos a editorial OQO "O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico" moi axeitado para o comezo de curso.
O primeiro día de colexio é sempre un momento importante para os máis pequenos, unha nova aventura na que se combina a expectación, o nerviosismo, o afán por descubrir tantas cousas novas... Nesta historia, Perico está ansioso por aprender, pero non é que de organizarse (vestirse, lavarse, calzarse...) para chegar a tempo á escola.
 "Perico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Ao cantar o galo, saltou da cama e, un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes, e saíu correndo. Pero... ai! chegou tan tarde que xa se foran todos. E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio!"

miércoles, 28 de septiembre de 2011

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA

Na Semana Mundial da Lactancia Materna, que se celebra do 2 ao 9 de outubro, la editorial OQO preséntanos o seu libro MAXIA! de Charo Pita e Madalena Matoso.
Este conto incide na normalización da lactación que aparece contextualizada como una parte da vida dos nenos, das súas familias e da sociedade.

De súpeto, o bebé botouse a chorar. Óscar arrolouno, colleuno no colo…pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa…Non serviu para nada! Entón Óscar pensou: Este bebé ten fame…Buscou pola cociña, pero a neveira estaba baleira....
......
E, mirando a compra con curiosidade, pensou: Que traerá para que coma o bebé?
Tía Elisa deixou as bolsas, sentou no sofá e colleu o bebé, que non paraba de chorar. Despois desabotoou a blusa. Entón, o bebé quedou calado e empezou a comer.
—MAXIA! –dixo o avó

sábado, 10 de septiembre de 2011

CONTOS SOLIDARIOS

Páxina onde podemos atopar os contos solidarios, contos para construir un mundo mellor!
Para acceder hai que premer na imaxe.

martes, 31 de mayo de 2011

1 DE XUÑO, DÍA INTERNACIONAL DO NENO

En pleno século XXI, moitos nenos continúan a ser vítimas inocentes da explotación infantil, dos conflitos armados ou das enfermidades que se curan facilmente nos países desenvolvidos.
"O futuro dos nenos é sempre hoxe, mañá será tarde"
Con estas frases de Gabriela Mistral queremos lembrar nesta data o moito que queda por facer na conquista dunha infancia chea de sorrisos, ilusións e aprendizaxe en calquera parte do planeta.
Para conmemorar esta data a editorial OQO recoméndanos os seguintes libros:
"FUME" Antón Fortes - Joanna Concejo
"Á SOMBRA DOS ANACARDIOS" Antón Fortes - Simona Mulazzani
"CAIXA DE CARTÓN" Txabi Arnal - Hassan Amekan
"COBERTOR DE ESTRELAS" Ricardo Lísias - Itziar Ezquieta
          
          

jueves, 19 de mayo de 2011

CONCURSO DE POESÍA E IMAXE


Un ano máis a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística convocou o Concurso de Poesía e Imaxe " En galego, sen filtro". Este concurso consiste en ilustrar un poema ou parte dun poema escrito en outras linguas (inglés, árabe, ruso...) e traducido ao galego. O noso centro participou a nivel do 2º e 3º ciclo de E. Primaria. As bases do concurso fixan que non se poder presentar máis dun debuxo por nivel e con bastante dificultade para decidirnos en cales enviar escolléronse dous: MANUEL PEREIRA SUEIRO de 3º e MARTA CASTRO ROMANI de 6º. A gran noticia é que ambolos dous foron premiados.

Aquí tedes as imaxes do acto de entrega dos premios:  


Noraboa a Manolo e Marta!!!

miércoles, 18 de mayo de 2011

PREMIOS NACIONAIS DE EDICIÓN

Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados” e “Dióxenes”, editados por KALANDRAKA, veñen de ser distinguidos polo Ministerio de Cultura con cadanseu terceiro Premio Nacional de Edición nas categorías de Libro de Arte e de Libro Infantil, respectivamente. Os títulos galardoados foron escollidos entre 318 obras. Trátase de publicacións creadas integramente por KALANDRAKA, e producidas no sector das artes gráficas de Galicia.

Premer na imaxe para ter máis información das dúas obras

martes, 17 de mayo de 2011

"LINGUA MINORITARIA"

É o galego unha lingua minoritaria?
No mundo hai unhas 5000 linguas, en que lugar situarías ti o galego?
Neste día das nosas letras, o día das Letras Galegas, nada mellor que este vídeo tan significativo.

LETRAS GALEGAS 2011 - LOIS PEREIRO


Premendo na imaxe accedese á nosa web onde se pode atopar unha recompilación de información e actividades sobre as letras Galegas, e en concreto, sobre a figura á que vai adicada este ano o día das Letras Galegas: Lois Pereiro.

SALVANDO LIBROS

SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011

Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.

Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade

salvandogrande


Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil



 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria


Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura


  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:

sábado, 14 de mayo de 2011

SEGU KIGS, XUNTOS NA REDE


Premendo na imaxe accédese á páxina web segu Kids sitio que ofrece consellos e materiais para os pais, alumnos e profesores para contribuír a unha navegación segura na web.
O seu obxectivo é sensibilizar dos moitos riscos de Internet e, sobre todo, cales son as mellores formas de prevención e protección, facendo uso responsable das tecnoloxías existentes.
O sitio está dividido en tres seccións distintas: os mozos,  pais e profesores.

sábado, 30 de abril de 2011

"DE AQUI NON PASAS". AS REDES SOCIAIS

 Coidarte en Internet é moi sinxelo. Só tes que aplicar a lóxica que utilizas na túa vida e axustar a privacidade nas Redes Sociais ás que te conectas.
Así que ten sempre presente que ...
SE NON O FAS NA TÚA VIDA NORMAL... PORQUE O FAS EN INTERNET?

martes, 26 de abril de 2011

DÍA DA NAI

De nenos cremos que unha nai todo o pode. É o máis parecido a un  heroe: protectora, conselleira, auxiliadora... Ofrécenos tranquilidade frente á incerteza, e forza para alcanzarmos os nosos soños; ánimo e consolo cando estes se nos resisten. Mais, ante todo representa o  sentimento máis fermoso: dalo todo sen esperar nada a cambio.
Non hai agasallos que compensen esta valiosa aprendizaxe pero si afectos que recoñecen o seu amor incondicional e imprescindible e libros que así o recollen:
- A nai do heroe. Roberto Malo- Francisco Javier Mateos - Marjorie Pourchet
- Tres han de ser. Darabuc - Fátima Afonso
- Nariz de ouro. Raquel Sainz - Juliana Bollini
- Petitusos. Mar Pavón - Joao Vaz de Carvalho
- Pulga e xigante. Serenella Quarello - Maurizio A. C. Quarello
- Croco. Roberto Aliaga - Minako Chiba
- Os sete cabritos. Tareixa Alonso - Teresa Lima
- O día que a mamá se lle puxo cara de teteira. Raquel Saiz-Joao Vaz de C.
- Caixa de cartón. Txabi Arnal - Hassan Amekan
OQO Editora

miércoles, 20 de abril de 2011

DÚAS NOVIDADES DA EDITORIAL OQO


Aquel home chegaba no mellor momento, porque Osiño non tiña ningunhas ganas de quedar na súa cova todo o inverno. Osiño, moi contento, exclamou: —Marcho na procura de aventuras! E foise co músico.
Osiño emprende ilusionado e cheo de expectativas esta aventura que non se trata só dun percorrido espazo-temporal, senón, principalmente, vital. As aventuras de Osiño é unha metáfora da vida, como adoita suceder cos relatos de viaxes.
Ao longo de todo un ano, o protagonista ―e con el, o lector― coñecerá diferentes lugares,descubrirá e afianzará o seu potencial e particular talento, fará novos amigos e, ante todo, cumprirá o seu soño: coñecer o mar.


A cada corda que Zimbo cortaba,
o Monicrequeiro notaba como se rompían
os fíos que tensaban a súa alma.
Hai lazos que se deben romper para que outros ―como os que constrúe o afecto― non rompan nunca. Esta historia emotiva tanto na prosa lírica de Arturo Abad, como nas evocadoras ilustracións de Joanna Concejo mergúllase no doloroso que resulta deixar marchar as persoas que un quere.
Irse e deixar ir nada ten que ver con deixar de querer. Arturo Abad sitúa o lector a ambos os lados do espello e ofrece unha visión ecuánime da situación. Deste xeito, conmove por igual, tanto coa tristeza que lle xera ao boneco de cedro Zimbo a falta de liberdade, como coa aflición que lle provoca ao Monicrequeiro a marcha de quen estima como un fillo e que desexaría que permanecese sempre ao seu carón.

martes, 12 de abril de 2011

Concurso de Poesía e Imaxe: "EN GALEGO SEN FILTRO"


Un ano máis a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística convocou o Concurso de Poesía e Imaxe " En galego, sen filtro". Este concurso consiste en ilustrar un poema ou parte dun poema escrito en outras linguas (inglés, árabe, ruso...) e traducido ao galego. O noso centro participou a nivel do 2º e 3º ciclo de E. Primaria. As bases do concurso fixan que non se poder presentar máis dun debuxo por nivel e con bastante dificultade para decidirnos en cales enviar escolléronse dous: MANUEL PEREIRA SUEIRO de 3º e MARTA CASTRO ROMANI de 6º. A gran noticia é que ambolos dous foron premiados.

Proximamente estes alumnos asistirán a un acto de entrega dos premios.
Noraboa a Manolo e a Marta!

lunes, 11 de abril de 2011

A COMPAÑIA "MIGALLAS TEATRO" EDITA O LIBRO “UN AVÓ ESPECIAL”, SOBRE A DOENZA DO ALZHEIMER

O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome. Conta a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa; cóidaa; ensínalle ditos, cancións, xogos... Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e, ademais, cámbialle o carácter.

Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión.     http://www.migallas.com/
O libro vai dirixido aos nenos e nenas e é de distribución da editorial Kalandraka.

“EL CAMINO DE OLAJ”, DE MARTÍN LEÓN-BARRETO, GAÑA O IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO


A obra titulada “El camino de Olaj”, de Martín León-Barreto Johnson (Montevideo, 1973) é a gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que convocan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. O traballo titulado “Al otro lado”, de Moisés Yagües Fernández (Murcia, 1972), foi finalista do certame, mentres que “¿Quién quieres ser?”, de Arianna Papini (Florencia, 1965), recibiu a mención especial do xurado.


Obra gañadora: "EL CAMINO DE OLAJ"

Ao IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado presentáronse 374 traballos procedentes de 19 países, a maioría dende España. Tamén optaban ao galardón proxectos enviados de Italia, Portugal, Arxentina, Brasil, Chile, Alemaña, Estados Unidos e Francia. En menos medida, presentáronse candidatos de Ecuador, Holanda, El Salvador, Hungría, Perú, Rumanía, Rusia, Serbia, Suiza e Uruguai.