miércoles, 18 de enero de 2012

COÑECERNOS PARA QUERERNOS

O noso centro, a través da biblioteca, está integrado nun proxecto de intercambio e colaboración cos nenos e nenas do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara.
Para que os coñezamos enviáronnos unhas preciosas fotos nas que nos achegan ao lugar onde viven e na que nos mostran cheos de entusiasmo o BUBISHER e o seu niño.
O BUBISHER é un paxaro do Sáhara que é presaxio de boa sorte porque anuncia chuvias. Por esa connotación tan positiva é polo que tamén lle chaman así a un camión cheo de libros, contos e diverso material didáctico que chega ao seu campamento regularmente. Nas fotos móstrannos tamén a construcción do niño do BUBISHER, unha biblioteca coa que están moi ilusionados.
Esta é a presentación coas fotografías que nos mandaron os nosos amigos do Sáhara.