domingo, 13 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Ainda que con un pouco de retraso aqui tedes a celebración do noso entroido. Vedes o noso MECO? Pois el mandaba e nós obedeciamos.
Comezamos a nosa celebración do entroido toda a semana ata o xoves cos mandados: que si un lazo ou gravata, que si unha flor, que si unha perruca, que si un nariz... e acabamos todos convertidos nuns pallasos. Foi moi divertido!
E o venres foi o gran día da celebración. Houbo desfile de disfraces, degustación de productos típico e baile. Pasámolo moi ben. Pero mellor aquí tedes todas as imaxes. Son moitas pero merecen a pena!!!

-