sábado, 5 de febrero de 2011

"A APRENDIZAXE DE BETSY"

"A Aprendizaxe de Betsy" de Dorothy Canfield Fisher (Triqueta verde) é un libro para nenos e nenas a partir de 8-9 anos que engade nas súas letras, o método pedagóxico Montessori para unha mellor aprendizaxe e comprensión lectora.
A historia conta como unha nena de 9 anos, Elizabeth Ann, é orfa e debe continuar a súa vida tralo cambio que acontece cando a mandan dende a cidade á granxa de Vermont. Na súa nova vida rural, Elizabeth Ann acaba por ser chamada Betsy, e atopa ademais moitas actividades para pasar o dia: ir á clase, cociñar, face-las tarefas da casa....
Xa entende que pode facer cousas por sí mesma. Unha ensinanza moi pracenteira.