viernes, 17 de diciembre de 2010

O MARTES VIRÁ O APALPADOR AO NOSO CENTRO

O martes chegará o apalpador ao ISAAC PERAL para palparlles a barriguiña aos pequenos e pequenas do centro!
Na nosa web podedes atopar dous contos sobre o apalpador para contarlles aos nenos. Para acceder a elles premer no bandullo do apalpador da imaxe.
E non vos esquezades de ensiñarlles aos máis pequenos unha cantiga do apalpador..:
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador
Vaite logo, meu meniñ@
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
.
E mentres non chega o apalpador...mirade, mirade este vídeo