
O conto e as actividades están tanto en galego como en castelán, en lingua de señas, con pictogramas, co texto lido en audio, con texto escrito..., en definitiva: integrando todos os sistemas de comunicación para que ninguén quede excluído. Acompáñase ademais dunha serie ampla de actividades didácticas, dixitais, interactivas e multimedia para facer no ordenador ou no encerado dixital.
Premer na imaxe para acceder ao conto e ás actividades.