jueves, 8 de abril de 2010

MALETA DE LECTURA

A Asesoría de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia pon a disposición dos centros unhas maletas viaxeiras co fin de achegar, ao profesorado que as solicite, uns materiais que sirvan para reforzar e apoiar as súas propias iniciativas de formación no ámbito do fomento da lectura, e outras actividades destinadas ao alumnado. As maletas están a dispoñibles nos Centros de Formación e Recursos do Profesorado, e poderán solicitarse, en préstamo, a través da persoa asesora en materia de bibliotecas escolares.

No CFR de Ferrol está a MALETA DE LECTURA que contén unha selección de materiais imprescindibles á hora de abordar as aprendizaxes en materia de lectura e de adquisición do hábito lector. Vai destinada ao profesorado (Grupos de Traballo, Seminarios, PFACs ou, simplemente, equipos de biblioteca interesados).

A maleta de lectura leva unha relación dos materiais que inclúe, unhas propostas de utilización e unha relación de recursos sobre o tema do que é obxecto. Tamén leva un caderno para a recollida de suxestións. A maleta debe ser retirada e entregada no CFR de Ferrol.

Se estades interesad@s na maleta tedes que mandar un correo a:
cfr.ortigueira.eduvalores@edu.xunta.es
(Comunicado enviado aos centros polo CFR de Ferrol)