viernes, 19 de febrero de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2010

 O día internacional da lingua materna, commemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, é unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Estas son as propostas que se fan para conmemorar este día:
1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto.

PREMEDE NA PRESENTACIÓN PARA VELA MÁIS GRANDE

Nestes enlaces atoparedes, dende máis información sobre esta conmemoración tan importante para nós, ata unha unha caza do tesouro.