jueves, 4 de febrero de 2010

ACTIVIDADES CULTURAIS NO ATENEO FERROLÁN


O venres 5 de febreiro ás 20,30 presentarase no Ateneo Ferrolán o libro "55 mentiras sobre a lingua galega" editado por Polingua e Laioventoe coordinado polò profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas. O libro ofrece unha análise dos prexuízos más comúns sobre o galego. No acto falará Xose Manuel Sardiña, Xosé Lastra Murais e Xosé Manuel López. A presentación será simultánea en outras 63 localidades.

Tamén, o sábado 6 de febreiro ás 20 horas, no auditorio do Ateneo Ferrolán, haberá un Concerto acústico de Fito Mansilla e Marcos Mella.
Aquí tedes un pequeno adianto no que podemos ver un vídeo de Fito Mansilla, Antonio Moreno e Marcos Mella en Zanzíbar: "Tu voz"