sábado, 12 de diciembre de 2009

Exposición de fotografías "TEATRO JOFRE ANTES-AGORA"


Coincidindo co 4º aniversario da reapertura do Teatro Jofre, despois da rehabilitación, a asociación de amig@s do Teatro Jofre organiza unha exposición composta por algunhas das fotografías que, a fotógrafa ferrolana Pilar Montero realizou antes e despois da obra de rehabilitación.
Lugar: Sala do 1º Andar do Teatro Jofre
Datas: Do 22 de decembro ata o 31 de xaneiro (nos días que haxa función no Teatro Jofre, unha hora antes da apertura das portas)

Pensamos que merecerá a pena velas imaxes.