Esquío baixou a mirada
e quixo regalarlle lirios
pero alí non había;
quixo mostrarlle a lúa,
pero falta moito para a noite;
quixo ouvear pero non sabía:
....
CHUZOS DE PUNTA. Raquel Saiz & Maja Celija
Hai veces
en que as leis da natureza non funcionan.
Hai días
en que o amor cae do ceo.
A VODA DE GALO PINTO. Juan A. Belmontes & Natalie Pudalov
Pero a raposa da matogueira andaba triste.
Cada tarde,
ao ver a Xiana lavar o pelo na fonte,
esquecía o nome e a fame.
VICHES O LEÓN? Armando Quintero & Géraldine Alibeu
“Querido león:
Meu pai di que serás unha boa parella.
Quen intenta subir a Lúa ou está namorado ou toleou.
Non paga a pena que o fagas.”
TRES HAN DE SER. Darabuc & Fátima Afonso
Pasaron os anos e un día foille dicir a súa nai que namorara e quería casar.
— E quen é o afortunado?-quixo saber a nai-
— Dos teus tres amigos, quen é o elixido:
Fausto, Lázaro ou Ícaro?
— Os tres nai!