martes, 1 de febrero de 2011

LIBROS PARA FESTEXAR O DÍA DOS NAMORADOS

Rematamos coa celebración da Paz e xa estamos a argallar...
Agarimo, amor, namorarse...palabras moi queridas que nos serven para presentar ....
O DÍA DOS NAMORADOS!
Aquí tedes unha serie de libros para festexar esta data:

"RATO SOLTEIRO". Paco Liván & Marta Torrão
(...) estaba a piques de pillala,
faltáballe un chisco,
ela tirouse ao río.
aos ratos non lles gusta nada a auga
pero este pensou:
mollarse por unha boa causa,
paga á pena.
E tamén se botou ao río!



GASPAR O PASTOR DE LEBRES. Paco Liván & Lucie Müllerová
Disimulando a alegría,
a princesa sorriu cando Gaspar,
timidamente,
lle declarou o seu amor.




 

TALLER DE CORAZÓNS. Arturo Abad & Gabriel Pacheco
Beatriz non sabe que,
en cada corazón que fabrica,
Matías agocha
un anaquiño do seu.




SAL E AZUCRE. Iván Prieto
Na casa vivín unha velliña toda de sal
e un velliño todo todo de azucre.
Uns días queríanse moito
e outros non paraban de discutir.


SÍGUEME (Unha historia de amor). José Campanari ; Roger Olmos
O elefante nin lento
nin preguizoso
(porque estaba moi namorado)
meteuse no caracol
(primeiro a trompa e logo o demais).
E, dando voltas e máis voltas,
chegou até o fondo,
onde estaba a esperalo
aquela formiga negra


TRES DESEXOS. Eva Mejuto & Gabriel Pacheco
O vello pensou que as riquezas nada valían
se a muller estaba a morrer de pena.
— Pois...
eu o que máis desexo...
é verte feliz sen chourizo no nariz!



TITIRITESA. Xerardo Quintiá & Maurizio A. C. Quarello
— Que ben cheiras…!-Murmurou Titiritesa.
— E colonia de azucre –dixo Wendolina.
Entón sentiron un airiño trangalleiro
que lles fixo cóxegas no pensamento.