lunes, 28 de mayo de 2012

O PRINCIPIÑO E O NATIVO DIXITAL

Nesta época onde estamos en pleno avance das novas tecnoloxías presentamos este capítulo "perdido" do libro de "El Principito" adaptado aos novos tempos nos que estamos....
Premer na imaxe para ver máis grande

miércoles, 23 de mayo de 2012

PANCHO Y SU MÁQUINA DE HACER CUENTOS


"Pancho y la máquina de hacer cuentos" é unha aplicación que permite crear historias cun máximo de 6 escenas, elixir os personaxes, poñer música e engadir texto. O resultado é un conto para ler online.
Premer na imaxe para acceder á aplicación.




lunes, 14 de mayo de 2012

ANTOLOXÍA POÉTICA MULTIMEDIA


Premendo na imaxe accédese a unha selección de poemas musicados, cantados o recitados, para o traballo na aula. Atopamos poemas de Rosalía de Castro, Bécquer, Antonio Machado, Dámaso Alonso, Gloria Fuertes...En fin... un verdadeiro tesouro da nosa poesía.

martes, 1 de mayo de 2012

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS LETRAS GALEGAS 2012



Premendo na imaxe accédese á nosa web onde podemos atopar unha recompilación de recursos sobre Valentín Paz Andrade, autor ao que vai adicado este ano as Letras Galegas: vida, obra, liña do tempo, imaxes, actividades interactivas, vídeos, ligazóns...

domingo, 15 de abril de 2012

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2012


A web de Norberto ofrécenos unha estupenda recompilación de recursos para as Letras Galegas 2012.

lunes, 9 de abril de 2012

CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR OU UNHA BOA LECTORA

Documento no que podemos atopar dez consellos para ser un bo lector.

lunes, 26 de marzo de 2012

A VOLTA AO MUNDO EN 80 CONTOS

Partindo da obra de Julio Verne tratábase de ir engadindo nun mapa de Google Maps oitenta contos populares de todos os continentes para así dar unha volta imaxinaria ao mundo.
O mapa publicouse en Educa con TIC o 26 de setembro de 2010.
Chegouse aos 80 contos o venres 8 de outubro e así compleouse a primeira volta ao mundo.
Pódese acceder aos contos premendo na imaxe.

jueves, 22 de marzo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012


Conxunto de actividades interactivas LIM sobre Valentín Paz Andrade, autor ao que está adicado este ano as Letras Galegas.
Elaborado polo CEIP Rebordans (Tui)
Para acceder hai que premer na imaxe.

sábado, 10 de marzo de 2012

DIDACTALIA: MATERIAL EDUCATIVO


Estupenda web con gran cantidade de recursos de distintas materias e niveis.

domingo, 4 de marzo de 2012

MATES CON MARTÍN Y MARTINA

Conxunto de actividades de Matemáticas con operacións de números decimais: suma, resta, multiplicación e división.
En castelán e en inglés.
3º Premio al Desarrollo de Contenidos Educativos Digitales de la Xunta de Galicia (2011) en la categoría de 3º ciclo de Primaria.

sábado, 3 de marzo de 2012

USO CORRECTO DO ORDENADOR

Nestes videos pódense ver os consellos para o bo uso do ordenador: posturas correctas, axuste adecuado do equipo, pausas na súa utilización...


lunes, 27 de febrero de 2012

O ESCRITOR RICARDO GÓMEZ VISITA O NOSO CENTRO


O escritor RICARDO GÓMEZ, autor do libro “El cazador de estrellas” visitou o noso centro. Ao acto acudiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. A sesión foi moi entretida e o autor contestou ás múltiples preguntas sobre o seu libro.


“El cazador de estrellas” foi o libro elixido polo profesorado para que lese o alumnado do terceiro ciclo xa que está moi relacionado co noso proxecto “Conocernos para querernos”. Trátase dun interesante e emotivo relato, baseado na experiencia do autor nos campos de Smara, que reflicte a vida cotiá, as crenzas e as aspiracións do pobo saharauí.

miércoles, 8 de febrero de 2012

CONTACONTOS KALANDRAKA

O ALUMNADO DE PRIMEIRO ASISTE, NA NOSA BIBLIOTECA, A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA

Esta semana tivemos, en primeiro, unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka, con dous protagonistas: Patricia e Alex.
Alex é músico e toca moi ben o acordeón. Patricia é a encargada de cantar e de contar os contos.

Ámbolos dous fixeron unha animación con tres contos: "Mago de goma", "A familia C" e "Pancho".


- Foi moi divertido porque escoitamos e cantamos - comentaron os nenos.
- Foi unha viaxe fantástica chea de música e palabras - dixeron as profes.



lunes, 30 de enero de 2012

DIA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.
Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.



 
Hoxe, día da Non Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares do Plambe-Ferrolterra implicados, a través do Bubisher, neste fermoso proxecto "Coñecernos para querernos" queremos berrar alto e forte "Deámoslle unha oportunidade á Paz"

sábado, 28 de enero de 2012

CONTOS PARA VER E LER


Mergullando, mergullando pola rede atopamos este blog no que hai numerosos contos para ver e ler

domingo, 22 de enero de 2012

A BIBLIOTECA ESCOLAR COMO FERRAMENTA EDUCATIVA

Estupenda web sobre a biblioteca escolar, un bo recurso para o desenvolvemento das prácticas lectoras e habilidades intelectuais, con ligazóns a diferentes apartados: biblioteca escolar, recurso educativo, a biblioteca escolar en acción, biblioteca escolar e lectura, biblioteca escolar e c. informacional, e biblioteca escolar e cultura digital.

viernes, 20 de enero de 2012

TICambia: aprender sobre a Paz e Solidaridade

É un espacio educativo e colaborativo creado co obxectivo de transformar a información en coñecemento e, para iso, ofrece recursos didácticos tendo en conta cinco eixos temáticos: desenvolvemento e loita contra a pobreza, dereitos humanos e Paz, igualdade de xénero, sostenibilidade ambiental e diversidade cultural. 
Dirixido a educadores/as, xóvenes, nenos e público en xeral, TICambia conta cunha guía de recursos didácticos, un manual de uso das TIC e diversos itinerarios educativos, utilizando material audiovisual, textos e imaxes especialmente seleccionados polo seu contido e creatividade.
Para acceder hai que premer na imaxe.

jueves, 19 de enero de 2012

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN POLA PAZ

Como ven sendo habitual desde hai xa 26 anos (1985), o Seminario Galego de Educación para a Paz ven promovendo, nas aulas e na vida, a celebración do DÍA ESCOLAR DA NONVIOLENCIA E A PAZ, cada 30 de Xaneiro, data na que se lembra o cabodano do asasinato de Mahatma Gandhi.
Nesta ocasión, no 64 Aniversario da morte de Gandhi (1948-2012), o Seminario Galego de Educación para a Paz, por medio da súa web: http://www.sgep.org/ ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede e cos que preparar a citada celebración. Entre outros, por exemplo, un documento de José Tuvilla, en galego, titulado: A construción social e educativa da cidadanía: dereitos humanos e cultura de paz con distintas propostas didácticas; unha moi vistosa campaña denominada "Paraugas pola Paz" coa que o alumnado pinta e decora paraugas que logo expón ou colga por pasillos e corredores, realiza unha marcha, etc, con lemas e cores pacifistas; varias Unidades Didácticas sobre distintos contidos da educación para a paz como "Educar nos afectos, frear a violencia"; diferentes recursos e materiais sobre "Conflictividade e Convivencia Escolar"; ou unha reflexión teórica titulada "La educación, la cultura de la paz y los derechos humanos: El currículum de la noviolencia" elaborada polo Presidente do SGEP, Manuel Dios Diz.
Ademais dos recursos citados, na web do Seminario, pódese acceder, tamén, a varios audiovisuais como "En son de Paz"; "Cultura de Paz" ou á curta de ficción "Por nada" sobre o ciberacoso.
Por último, o Seminario Galego de Educación para a Paz, o propio día 30 de Xaneiro, luns, organiza dous actos relevantes, un pola mañán, ás 12:00 horas do mediodía, con alumnado da comarca padroesa, na Horta da Paz da Casa de Rosalía de Castro, e outro pola tarde, ás 19:00 horas, no Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia, a Cerimonia de entrega do PREMIO PORTAPAZ 2011 a D. Paul Ríos, voceiro de Lokarri, Rede Cidadá polo Acordo, a Consulta e a Reconciliación de Euskadi, polo seu papel (e o da súa entidade) na organización da Conferencia de Paz de Aiete que dou paso ó final definitivo das accións armadas de ETA.

miércoles, 18 de enero de 2012

COÑECERNOS PARA QUERERNOS

O noso centro, a través da biblioteca, está integrado nun proxecto de intercambio e colaboración cos nenos e nenas do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara.
Para que os coñezamos enviáronnos unhas preciosas fotos nas que nos achegan ao lugar onde viven e na que nos mostran cheos de entusiasmo o BUBISHER e o seu niño.
O BUBISHER é un paxaro do Sáhara que é presaxio de boa sorte porque anuncia chuvias. Por esa connotación tan positiva é polo que tamén lle chaman así a un camión cheo de libros, contos e diverso material didáctico que chega ao seu campamento regularmente. Nas fotos móstrannos tamén a construcción do niño do BUBISHER, unha biblioteca coa que están moi ilusionados.
Esta é a presentación coas fotografías que nos mandaron os nosos amigos do Sáhara.


domingo, 15 de enero de 2012

RECURSOS PARA A PAZ


Premendo na imaxe accédese á nosa web onde pódese atopar unha recompilación de recursos para a Paz.

IRENE EN EL SAHARA

Irene en el Sahara é o segundo conto dunha serie creada por ONG Internacional de Solidariedade, a primeira é titulada "Irene en América Central" - nunha campaña de educación intercultural para primaria.

Como é a vida no deserto? O que un campo de refuxiados? Cal é a razón pola que os nenos saharauis non poden vivir no seu país?
Na historia, Irene ten un amigo Subsahariano Gali, ao que coñecue porque foi acollido por unha familia española hai tempo.
Ao final da historia hai moitas actividades para traballar en el aula, enigmas, sopa de letras do Sahara, un labirinto, e un espazo de orientación para profesores ou os pais que queren impulsar aos seus fill@ s cun pouco de reflexión sobre solidariedade.
É un conto moi recomendado para conmemorar o día da Paz.
Premer na imaxe para ler o conto.

sábado, 14 de enero de 2012

CANCIÓN PARA A PAZ

Este ano a nosa canción elixida para a Paz e "EL HIMNO A LA ALEGRÍA" de Miguel Ríos.
Podedes disfrutar dela e cantala coa axuda destes videos


lunes, 9 de enero de 2012

Música para a PAZ

Como supoño que estades a organizar a conmemoración do día da Paz, ahí vos deixo unha pequena recopilación de cantigas coa temática da PAZ. Para que empece soar tedes que premer na frecha.

MusicPlaylistView Profile


domingo, 18 de diciembre de 2011

ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO

Nesta presentación podemos atopar unha selección de postais de Nadal realizadas polo noso alumnado.
Elixiuse unha postal por clase e unha por ciclo.
Premede na presentación e poderedes ver as postais.

sábado, 17 de diciembre de 2011

NOVA EDICIÓN DA NOSA REVISTA ESCOLAR "MAREIRIÑA"

O grupo da Biblioteca, en colaboración co grupo das TICs, editou un novo número da nosa revista escolar, MAREIRIÑA NADAL 2011, no que podemos atopar información sobre o noso proxecto da biblioteca, novas máis importantes do noso centro, celebración do Magosto, postais de Nadal...

viernes, 16 de diciembre de 2011

GUÍA DE LECTURA NADAL 2011

Outro ano máis chegamos ao Nadal e é tempo de lembrar que:
"En Nadal, o mellor regalo, un libro"
Lembrando isto e tendo en conta o noso proxecto da Biblioteca que traballa "o respecto aos nosos maiores" editamos unha nova guía para o Nadal

miércoles, 14 de diciembre de 2011

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ RECIBE EL PREMIO IBEROAMÉRICANO SM


O escritor galego, Agustín Fernández Paz,  que gañou o premio americano de Literatura para Nenos e Mozos concedida polo grupo editorial español SM, recibió el galardón na Feria do Libro da cidade de "Guadalajara", ao oeste de México.
O premio foi dado ao autor pola súa obra "O único que queda é o amor", un texto escrito en galego, que aborda a cuestión das paixóns e ruptura, dun xeito non convencional na literatura infantil.

martes, 13 de diciembre de 2011

DOSSIER DE ACTIVIDADES DIDÁCTICAS SOBRE O APALPADOR


A Fundación Artabria de Ferrol envíanos un dossier de actividades didácticas con debuxos, máscara, monicreque, adorno para árbore de Nadal, postal, recortable....e máis actividades sobre a figura do Apalpador.

Pódese descargar premendo na imaxe....

LIBROS DE LECTURA PARA O NADAL


Estes e outros libros para o Nadal poderás atopalos na nosa biblioteca.



Queres saber todos os libros para o Nadal que hai na nosa biblioteca?
Preme na imaxe e o saberás

lunes, 12 de diciembre de 2011

RECURSOS PARA NADAL


Na nosa web temos unha recompilación de recursos para o Nadal nos que poderedes atopar: panxoliñas, contos de nadal na rede, manualidades para o Nadal...

Premede na imaxe e accederedes a eles.