martes, 4 de mayo de 2010

LER E LISTO


Reverso Comunicación Cultura e Lingua desenvolve con 2.0 Editora a campaña DESCONXELE. Este é un proxecto de fomento do hábito lector dirixido a mediadores de lectura (libreiros, bibliotecarios, docentes etc.) que poñen a andar no Mes das Letras, co obxectivo de implicar a mediadores de lectura na súa función de estímulo do gusto pola lectura.

Neste momento de enfriamento lector, propoñénnos DESCONXELAR as lecturas dos nosos conxeladores andeis ou que nos acheguemos á nosa libraría de referencia para conseguir un novo libro e realizar o acto lector (se vos cómpre a ansia) ou conservar no andel para cando o acto lector nos sexa máis apropiado. Lembrade que ler é conversar cun autor, un diálogo continuo e perdurable do que sempre disporemos, sexa conservado en formato sólido (en papel) ou en formato líquido (dixital).
A campaña, modesta polo momento, conta cun vídeo. Miradeo


Propóñennos que o alumnado a través do centro educativo envíe a editamosparati.comunidade@20editora.com unha listaxe dos 5 libros imprescindibles que credes que deben estar traducidos ao galego.
Participa da implementación desta campaña propoñendo accións creativas para o fomento do hábito lector para a campaña .
Este é un proxecto co que pretenden implicarnos no fomento dos hábitos lectores en galego.

Reverso Comunicación, Cultura e Linguadinamizacion@reversoweb.com
www.reversoweb.com