
O álbum de OQO editora Caixa de cartón (Txabi Arnal e Hassan Amekan) foi elixido como un dos mellores libros infantís do mundo pola Internationale Jugendbibliothek de Munich (Alemaña) que o incluíu no seu catálogo The White Ravens 2011. Con estes libros organiza anualmente unha exposición no marco da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia, que se celebra do 28 ao 31 de marzo na cidade italiana.
A institución alemá realiza cada ano unha selección dos mellores libros infantís entre os miles que se publican en todo o planeta e aos que outorga esta distinción The White Ravens. A elección de 2011 está conformada por 250 libros infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e procedente duns 50 países.
Os libros distinguidos con White Ravens forman parte dun catálogo en lingua inglesa que inclúe informacións bibliográficas e recensións dos 250 libros e tamén dunha mostra que se exporá na caseta da Internationale Jugendbibliothek na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (29 B56).
Outros LIBROS PREMIADOS EN ESPAÑA son:
- De punta a punta, de José Luis Berenguer (text) e Irene Fra (illus.)
- Palabras envenenadas, de Maite Carranza
- Las Meninas, de Patricia Geis (en la imagen)- Tuerto, maldito y enamorado, de Rosa HuertasSantos, Care (text)
- Se vende mamá, de Care Santos (text) y Andrés Guerrero (illus.)
- El barranco, de Grassa Toro (text) y Diego Fermín (illus.)
- Fábulas morales de una vez para siempre de Grassa Toro (text) y Meritxell Durán (illus.)
(en catalán)
- He jugat amb els llops (He jugado con lobos), de Gabriel Janer Manila
EN GALEGO
- O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro (text) y Ramón Trigo (illus.)
- Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto / Chinto (text/illus.)