O apalpador é un xigante de oficio carboeiro que vive nas devesas das terras dos Ancares, Caurel e Trives.
Na noite do Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e nenas mentres están durmidos. Coidadosamente apálpalles as barrigas para ver se están ben mantidos. Logo de desaxarlles que no vindeiro ano non pasen fame, marcha deixándolles un feixe de castañas ben quentiñas…
...E O APALPADOR CHEGOU O MARTES 21 AO ISAAC PERAL...
Aquí podedes ver uns vídeos con imaxes do Apalpador no Isaac Peral e de debuxos feitos polos nosos nenos e nenas.
E sabedes que? Os Reis tamén estiveron no noso cole... Proximamente estarán as imaxes listas!