sábado, 4 de diciembre de 2010

GRAMÁTICA PRÁCTICA DA LINGUA GALEGA

GRAMÁTICA PRÁCTICA DA LINGUA GALEGA, de Xesús López Viñas, Cila Lourenço e Marisa Moreda, é unha guía de contidos lingüísticos concibida para favorecer a comunicación e a identidade cultural dos falantes do noso idioma e destinada a todas aquelas persoas que desexen ampliar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito.
A obra, editada por Baía Edicións, está dividida en oito grandes capítulos:
I. Comunicación e linguaxe
II. Lingua, comunidade lingüística, variación e mudanza
III. Fonética e Fonoloxía
IV. Representación gráfica da lingua oral
                              V. Morfoloxía
                              VI. Sintaxe
                              VII. Semántica
                              VIII. Lingüística Textual
En fin, unha obra de importancia para consulta e coñecemento da nosa lingua.