domingo, 19 de diciembre de 2010

AHÍ VEN O APALPADOR!

A Fundaçom Artabria, a AV de Esteiro e a Concellería de Ferrol organiza, un ano máis a actividade cultural de recuperación da figura do Apalpador.
O Apalpador (tamén coñecido polo nome de Pandigueiro na comarca Terra de Trives) é, nas zonas do este de Galicia, a figura mítica dun carboneiro que, segundo a tradición baixa a noite do 31 de decembro a tocar as barrigas dos nenos para ver se comeron dabondo durante o ano, deixandolles un montón de castañas pilongas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un aninovo cheo de felicidade e comida. En realidade é unha figura moi popular nas montañas do este de Galicia (O Courel, Terra de Trives, O Bierzo), que se está extendendo por toda Galicia.

O martes día 21 ás 19:30 no local da AV de Esteiro e o mércores día 22 as 19:30 no local da Fundaçom Artabria, haberá un taller para ensinar ós nenos e nenas que queiran a facer xoguetes de aramio.

O Xoves día 30 de decembro sairá ás 17 horas do local da AV de Esteiro O Apalpador acompañado duns trasnos para percorrer o Barrio de Esteiro e rematar no Cantón de Ferrol.