viernes, 16 de abril de 2010

ENCONTROS PLAMBE 2009-2010

Hoxe comezaron os encontros do PLAMBE. Neles atopamonos os encargados /as das bibliotecas escolares da Xunta de Galicia que como nos anos derradeiros acudimos coa finalidade de intercambiar experiencias e como non de aprender dos demais.
A lectura para a aprendizaxe, a educación de competencias básicas como o "tratamento da información e competencia dixital", a presenza dos soportes audiovisuais e electrónicos, a imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital, foron algúns dos contidos tratados.
Xa avanzamos un pouco neste longo camiño que nos queda por percorrer, un camiño que ten como finalidade facer da nosa biblioteca o verdadeiro eixe e motor do centro. Ánimo compañeiros e compañeiras!!