Do 18 ao 20 de Febreiro haberá no Ateneo Ferrolán a exposición con viñetas "A Paz é cuestión de Fondo" nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia.
As láminas son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes. As caricaturas móstrannos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra.
A nosa Biblioteca pertence ao Plan Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia dende o curso 2007 - 2008.
Cada ano elaboramos un Proxecto para a nosa biblioteca no que está implicada toda a comunidade educativa.
Este curso titúlase "Valores arredor dos autores"